Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muros vibrou co Triatlón

Muros vibrou co Triatlón
Triatlon de Muros 2018-Foto-Xose Sendon Triatlon de Muros 2018-Foto-Xose Sendon Estase facendo histórica a aposta de Muros polo deporte. A vila muradá acollía esta fin de semana o I Mar de Muros Tríatlón. As rúas e o peirao estaban ateigadas de veciños e amantes do deporte extremo para aos case de 150 partipantes nas tres esixentes probas: 750 m de natación – 20 km en bicicleta – 5 km de carreira a pé. Triatlon de Muros 2018-Foto-Xose Sendon 1 Triatlon de Muros 2018-Foto-Xose Sendon Moitos dos ollos estaban postos en Manu Dosil, o atleta muradán que facía soñar aos seus veciños. Pero a cousa estivo complicada dende o inicio, cando Nicolás Rodríguez (Disa Hps Triatlon), natural de Bergondo, comezou moi forte na natación, e aproveitou o seu mellor punto, a bicicleta, para escapar dun grupo de 6 unidades na que destacaba a presenza de mozos como Arturo Ramos ou Martín Casal (ambos do Club Triatlón Compostela). Nun primeiro momento marchouse só pero aos 300 metros e despois dun grande esforzo, Estebán Rodríguez (In Side Logistics Aguere) logrou contactar con el. Xa na carreira a pé, mentres Rodríguez seguía escapando, as cámaras miraban aos postos de atrás, nos que Dosil conseguía unha escalada incrible subindo da 12ª a unha impresionante 3ª posición final, quedando a escasos 9 segundos de Estebán Rodríguez que sería finalmente segundo. Podio masculino do Triatlon de Muros 2018-Foto-Xose Sendon Na categoría feminin, Adriana Pensado (Tríatlon Arcade Inforhouse), dominou dende o comezo, e superou a Estefanía Abelenda en 8 minutos, e en 12 minutos a Laura Martínez (Kurai), que se subiría ao terceiro caixón no seu debut, como podemos comprobar en todas as clasificacións. Podio feminino do Triatlon de Muros 2018-Foto-Xose Sendon

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-trail-galaica-de-muros-quentou-motores-para-o-triatlon/ https://quepasanacosta.gal/o-duatlon-encheu-de-deporte-as-ruas-de-muros/

Fonte

Comentarios