Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros xa volve mirar ao mar da man do Voluntariado

Muros xa volve mirar ao mar da man do Voluntariado

Volven á actualidade as Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”. Unhas xornadas que nos trasladan atrás no tempo para convertir a fermosa vila muradá naquela fortaleza mariñeira dos tempos de esplendor. Dende o 2004 cada comezos de xullo as redes, as telas de saco, as nasas... toman as prazas, as rúas, para engalanar o Casco Histórico, e este verán, a pesar da crise, non vai ser menos.

A Comisión Organizadora xa está traballando na programación dunhas Xornadas que terán lugar do 6 ao 8 de xullo. Iso si, este ano a man do voluntario terá máis cabida que nunca. Por iso pide colaboración, e para apuntarvos como voluntarios podedes facelo a través do formulario que atopareden no seguinte enderezo:

Máis información

Comentarios