Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte abre as portas á rapazada

Visita escolar ao MACCMO
Visita escolar ao MACCMO da rapazada do campamento do Couto
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte abre as portas á rapazada

Cando se xuntan o campamento da Fundación Eduardo Pondal, co Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO) só poden acontcer cousas marabillosas. Como a que pasou este pasado luns, cando os nenos e nenas participantes no campamento “Un país de pintores e poetas” visitaron o activo centro cormelán.

Os pequenos e pequenas puideron desfrutar das espléndidas obras de arte alí expostas nunha visitar guiada por Carlota Cuesta, artista e membro do Patronato da Fundación.

Ademais, participaron nun obradoiro artístico e estiveron acompañados polo escultor arxentino de orixe alemá Manuel Kuperman, quen explicou a súa obra e firmou, coa súa man esquerda, os catálogos dos nenos e nenas.

Visita dos rapaces da escola de pintores da Fundacion Eduardo Pondal ao Museo de Arte Contemoraneo de Corme

Completan así unhas semanas impresionantes os rapaces do campamento do Couto, despois de ter visitado tamén o Museo Etnolúdico de Galicia MELGA, coñecendo a historia do xoguete da man de Ricardo Verdes.

Visita ao MELGA

Un centro activo

O centro segue moi vivo e xa ten a aberta a exposición itinerante "Ruta de los Museos. El Camino del Arte”.

Mentres, o MACCMO da Fundación Torre Pujales acolle como residencia este verán a Guillermo Álvarez, membro da asociación Oceánida dedicada á recuperación da obra de artistas falecidos. Esta residencia, ademais de permitir disfrutar das fantásticas vistas ao mar, permite a artistas de calquera disciplina desenvolver a súa obra nun espazo dedicado integramente á arte.

🖼️ MACCMO | Guillermo Álvarez, membro da asociación Oceánida dedicada á recuperación da obra de artistas falecidos,...

Publicada por Concello de Ponteceso en Mércores, 12 de Agosto de 2020

Comentarios