Imprimir

O Museo Seo de Corcubión cae a pedazos… literalmente

Redacción | 12 de febreiro de 2020

Viga caída do Museo Seo de Corcubión. Jano
Viga caída do Museo Seo de Corcubión. Jano
  •  

Ademais de ser unha gran perda para o patrimonio costeiro, a situación de extremo abandono do Museo Seo de Corcubión está convertíndose nunha seria ameaza para a seguridade.

Así o denuncian varios veciños que comprobaron como se desprendeu unha viga do beirado da galería do edificio, caída nun pleno paseo marítimo de Quenxe moi concorrido polos camiñantes da “ruta do colesteriol”.

Pechado dende 2014, pola desatención da finada Neria e a falta de interese de propietarios e administracións, só a Deputación da Coruña fixo un amago de intentar reflotar o museo, sen visos de facerse realidade, polo de agora.

  Un espazo que podería convertirse nun marco ideal para acoller un hipotético Museo Subactuático da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/museo-seo-corcubion-cae-pedazos-literalmente/20200211132454117343.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia