Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muxía, co apoio da Deputación e da Xunta, asumirá a renovación da rede de abastecemento

O alcalde de Muxia Iago Toba cos concelleiros Javier Romar e Olalla Benlloch e o presidente da Deputacion da Coruna
O alcalde de Muxia Iago Toba cos concelleiros Javier Romar e Olalla Benlloch e o presidente da Deputacion da Coruna
Muxía, co apoio da Deputación e da Xunta, asumirá a renovación da rede de abastecemento

Casos como o posible sabotaxe de hai unhas semanas, dan conta da necesidade de renovar a rede de suministro de auga en Muxía. De aí que o Concello pedise colaboración a Xunta e á Deputación, para ampliar a capacidade da rede de suministro de auga e levar o abastecemento a parroquias do rural que carecen deste servizo.

O Concello xa dispón un proxecto técnico que permitiría dar solución aos problemas de suministro de auga que experimenta o núcleo urban de Muxía, especialmente durante os meses de verán cando se incrementa a poboación, e levar este servizo básico a núcleos rurais que carecen de traída actualmente coma Suxo, Castelo ou Agranzón, que suman preto de 1.000 veciños que carecen de auga corrente. As obras permitirían ademais dotar de abastecemento de auga a outros núcleos rurais próximos pertencentes ao Concello de Vimianzo.

Consideran que será necesario máis de 1 millón de euros para afrontar as obras, por iso necesitan a colaboración das administracións provincial e autonómica.

Comentarios