Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía crea unha comisión de seguemento e un grupo de voluntariado para atender aos máis necesitados

Muxía Comisión de Seguimento coronavirus
Á reunión acodiron a concelleira de Cultura, Mónica Vilela; o xefe de Protección Civil, Ramón Barrientos; a concelleira de Igualdade e Xuventude, Olalla Benlloch; Alejandro Muíño en representación da Policía Local; o concelleiro de Medio Rural e Parroquias, Javier Romar; Rosana García, a secretaria municipal e o propio alcalde, Iago Toba.
Muxía crea unha comisión de seguemento e un grupo de voluntariado para atender aos máis necesitados

Os Concellos van tomando posicións e algunha medida. Así, o Concello de Muxía creou unha comisión de seguimento do COVID-19 para establecer as medidas de prevención actualizadas ao contexto, en constante cambio, que xera a situación de expansión do virus.

Unha comisión a través da cal Protección Civil, os concelleiros de Muxía e o alcalde crearán un grupo de voluntariado para atender a todas aquelas persoas que pertenzan ao grupo de risco ou de extrema vulnerabilidade, non poidan acudir aos centros de abastecemento ou ás farmacias. Ofrecerase este servizo a domicilio, previa solicitude telefónica.

Queda pendente unha reunión do grupo de goberno cos grupos da oposición para informar das xestións que se farán a nivel municipais nas vindeiras semanas, así como trasladar e escoitar as iniciativas pertinentes.

O primeiro día foi bastante positivo. O alcalde quixo “agradecer a total colaboración veciñal, que está a chamar só nos casos de verdadeira urxencia e para informarse da situación”, destacaba. O automóbil de Protección Civil xa circula polas rúas de Muxía para prestar servizo de voluntariado e atender a todas aquelas persoas quepertenzan ao grupo de risco ou de extrema vulnerabilidade, e que non poidan acudir aos centros de abastecemento ou ás farmacias.

Comentarios