Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro

Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro
galeria-mulleres-rosalia

Volve a Galería Mulleres de Muxía cunha nova homenaxe. Se xa abriron a Galería María Lado e Francisca Herrera Garrido, este mes de maio a Concellería de Servizos Sociais , que dirixe Irma García Barcia, escolle a Rosalía de Castro. Con esta condecoración o concello quere afcer un recoñecemento ao labor da poeta no mundo das artes galegas.

Rosalía de Castro

(Santiago de Compostela 1837 – Padrón 1885)

Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego e é a máis grande das nosas poetas . Rosalía dotou de voz propia ao noso país e converteuse no mito máis relevante e universal da Galicia moderna .
Na súa obra atopamos unha Rosalía política, feminista, social, filosófica… a súa lectura é indispensable para comprender o ser de Galicia .

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar aducias de obras da poeta padronesa.

Fonte e máis información

Comentarios