Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía non descarta a sabotaxe ante o problema de abastecemento de auga

Deposito de Auga de Muxia
Depósito de Auga de Muxía
Muxía non descarta a sabotaxe ante o problema de abastecemento de auga

Dende a pasada semana Muxía ten un problema co abastecemento de auga, do que non acaba de descubrir a orixe. O depósito municipal baléirase de xeito irregular, e xa necesitou varios trasvases de camións cisterna para manter o suministro activo.

”Pode pasar unha cousa así durante a Barca ou no verán, pero non é normal que pase agora”, reflexionan dende o Concello, onde un operario municipal, con máis de 30 anos de servizo asegura non ter visto nunca unha cousa así. Por iso non descartan nada. O normal será que haia haia algunha fuga, algunha avería, pero “non se descarta que alguén estea facendo de maneira intencionada ou algunha sabotaxe”, recoñece o alcalde, Iago Toba.

Levan dende o pasado mércores buscando a orixe do problema. Fixeron varios cortes, previo aviso á veciñanza, por zonas, para ir vendo se hai averías en cada unha das zonas, pero seguiuse comprobando que o depósito enche e perde de xeito irregular.

Ao non atopar avarías na rede, están buscando unha empresa que preste o servizo de inspección das instalacións “porque estamos desesperados”, recoñece un alcalde que está utilizando as redes sociais, e o Bando Móbil para informar á veciñanza.

O asunto tivo a pasada noite do sábado un momento importante. Os operarios, que están a turnos 24 horas (mesmo algún ao que lle tocaban vacacións), notaban pasada a 1:00h da madrugada, que o caudal do depósito era ínfimo, polo que houbo que facer un trasvase cun camión cistern, para garantir o servizo. Enchendo ademais o depósito agora estúdiase a evolución do mesmo.

Os operarios e o Concello seguen traballando para intentar descubrir, e soucionar o problema.

Comentarios