Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía recupera a prosa salgada de López Abente

Muxía recupera a prosa salgada de López Abente

"A Narrativa Mariña", de Gonzalo López Abente xa está recuperada e editada nun libro, da man da Editorial Xerais e, como non, a Fundación López Abente.

Estiveron na mesa acompañando, ao responsable da edición Suso Sambade, o vicepresidente da Fundación, X. H. Rivadulla Corcón, Manuel Bragado, director de Xerais e Ramón Nicolás director da prestixiosa colección Biblioteca das Letras Galegas. O que non puido estar por motivos familiares foi o presidente da Fundación, o alcalde Félix Porto.

Mesa de presentación con Manuel Bragado, Ramón Nicolas, Suso Sambade e XH Rivadulla Corcón; López Abente e a súa Narrativa Mariña

No acto, ateigado de público, repasaron a narrativa prosaica de López Abente, que "abríu a moderna narrativa das Irmandades da Fala e na que se aprecia o amor pola paisaxe e as xentes de Muxía, a Costa da Morte e, por suposto, o mar".

Ademais, os membros da fundación repasaron os proxectos en marcha que teñen e que se materializarán a curto prazo, lembrando sempre o obxectivo de promoción e dignificación da lingua galega que ten a entidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios