Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía recupera a esquecida área recreativa de Ponte Constante

Ponte constante Nuxia
Reacondicionando a área recreativa da Ponte Constante
Muxía recupera a esquecida área recreativa de Ponte Constante

Xa está en marcha o ambicioso plan de obras de Muxía. Tras informar das obras na fonte de Chorente, o Concello muxiçan quere destacar outras actuacións. Como a rehabilitación da área recreativa de Ponteconstante, un espazo de gran valor patrimonial e natural, esuquecido durante anos e que pode ser utilizado polos veciños para comer en familia.

Instalaranse novas cubertas de madeira para protexer as edificacións, como mesas de pedra e barbacoas, así como para dar protección no caso de choiva ás persoas usuarias. 

Novas beirarrúas en Doutor Toba 

Beirarrúas doutor Toba antes

O Concello tamén está a executar na rúa Doutor Toba as tarefas de reposición das beirarrúas, así como da remodelación na zona dos aparcadoiros, nos que se aumentarán 15 prazas e se contará cunha para Persoas de Mobilidade Reducida. Instalouse tamén unha baranda para que as persoas maiores residentes no lugar podan camiñar con total seguridade no caso de choiva, e para evitar posibles esvaróns. Tamén se instalarán elementos para aparcar as bicicletas, e favorecer o tránsito sustentable no municipio. 

Noutra das intervencións, rehabilitouse unha rampa de acceso na parroquia de san Martiño de Ozón. Logo da preparación do terreo e da aplicación da capa de formigonado, rematarase co acondicionamento das marxes de dita vía. Darase continuidade a esta intervención coa mellora da vía que segue dita rampa.
 

Comentarios