Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía xa camiña ao solpor cara o mar dende Touriñán

Muxía xa camiña ao solpor cara o mar dende Touriñán
"Muxía-Camiñando cara o mar" é o nome do novo proxecto de dinamización turística do Concello muxián a través do GAC-Costa da Morte. Un proxecto presentado esta fin de semana no mesmo concello e ata o simbólico Cabo Touriñán, onde unha queimada co sol morrendo no océano Atlántico dou conta da potencia mística do lugar. Jorge Mira foi unha das persoas nas que se fixaron os promotores dun proxecto que ten como obxectivo a posta en valor das potencialidades e recursos de Muxía como destino turístico ligado ao mar. I é que a ciencia forma parte do proxecto, pois o propio físico baiés vén de realizar un estudio con Santiago Garrido do que o proxecto do Concello está a tomar moitos recortes. Nese sentido, o proxecto refírese ao cabo muxián como "o lugar onde o último raio de sol toca terra", que non quere dicir que falemos do punto máis occidental de Europa, pois se trata do Cabo da Roca portugués.

Como nos explica o propio Mira, unha cousa non implica a outra. De feito, "este efecto só dura un mes agora e outro mes na fase final do verán. O Cabo de Roca recibe o último sol durante máis meses que a Costa da Morte, que para algo está máis ao oeste, claro", apunta Mira. I é precisamente o que fai "chamativo todo este tinglado foi que, debido a que está máis ao norte que o Cabo de Roca, este suceso ocorre un par de meses ao ano. Nese caso, a curvatura da terra xoga un papel que compensa a vantaxe que ten o Cabo de Roca", completa.

O proxecto creará un espazo para "o goce do último raio de sol de Europa", e para elo crearase unha marca turística que disporá de múltiples recursos, dende web propia ata accións formativas, creación dunha rede de información baseada na experiencia mariñeira, e outra serie de accións destinadas dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial de Muxía como recurso cara ao turismo. Un faro, o de Touriñán, que espera ser aberto en breve ao público.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios