Na escolma de Vicente Araguas (editor literario), La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea
No seu prólogo, intitulado tamén «La lluvia en el mar (una antología», Vicente Araguas salienta, entre outros varios aspectos, o seguinte:
«Exactamente, «una antología», así, con el artículo indeterminado, tan anglosajón, por otra parte, indicando que esta no es «la antología», pero tampoco «antología», así, sin determinante, «de la poesía gallega de hoy». Mi selección es tan mía que la defendería hasta la última gota del cáliz poético.
En La lluvia en el mar el lector encontrará al lado de nombres muy familiares para quien sigue el devenir literario gallego, otros que raras veces aparecen en los florilegios «ad usum». Pero en mi opinión la poesía gallega, tan amplia, tan vigorosa, no puede —¡no debe!— caer en el sota, caballo y rey consabidos. Por eso mi estrategia como antólogo ha consistido, también, en echar mano de gente que raras veces aparece en las muestras con pretensiones canonizadoras, abundantes como las setas luego de la lluvia, que al caer en el mar prácticamente no resuena sino con esa estética silenciosa que podría tener mucho de ética.
Sesenta años separan a Luz Pozo Garza, la «prima donna» de la poesía gallega, y a Antía Otero, la más joven de nuestros antologados. Cuatro generaciones históricas, pero un concepto de la belleza similar. Un sentimiento radical que empieza a serlo desde la opción idiomática de las dos. Y es que escribir en gallego sigue siendo un paso más allá, con todo lo que ello implica.26 poetas. Una cifra que ofrece un surtido amplio que ilustra y entretiene. Aquí hay acopio sentimental, poética de la experiencia, irracionalismo, culturalismo (con cultura, ojo), línea clara, dolor, ironía, sarcasmo incluso, vuelta de hoja y —también— un cierto sentido del humor que no le sienta mal a ese incierto oficio de vivir que llamamos poesía.»
E deseguida veñen en orde cronolóxica unha pequena mostra de cada poeta, introducida por unha Auto-Poética e xa no remate da colectánea na «Nómina de poetas» incorpora unha brevísima biobibliografía de cada autor ou autora, que son: Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922); Xosé Luís Franco Grande (Tebra, Tomiño, 1936); Manuel Vilanova (Barbantes, 1944); Antonio Domínguez Rey (Burés, Rianxo, 1945); Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947); Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950); Cesáreo Sánchez (Dadín, O Irixo, 1951); Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953); Chus Pato (Ourense, 1955); Manuel Pereira Valcárcel (Ouzande, A Estrada, 1955); Alfonso Armada (Vigo, 1958); Manuel Forcadela (Forcadela, Tomiño, 1958); Miguel Anxo Fernán-Vello (Cospeito, 1958); Medos Romero (As Pontes, 1959); Román Raña (Vigo, 1960); Fátima Rodríguez (Pontedeume, 1961); Eva Veiga (Ombre, Pontedeume, 1961); Fran Alonso (Vigo, 1963); Branca Vilela (Fisterra, 1964); Miro Villar (Cee, 1965); Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974); Rafael Yáñez (Vilalba, 1979); María Lado (Cee, 1979); Dores Tembrás (Bergondiño, 1979); Diana Varela Puñal (Corme, 1981) e, por último, Antía Otero (A Estrada, 1982).
Da miña autoría a escolla recolle nove poemas. De primeiras o soneto que se inicia co verso «Foi nas Illas Lobeiras co mar por testemuña», do libro Ausencias pretéritas (A Coruña: Espiral Maior, 1992) e que foi musicado nesta versión por Nacho Mora; o poema tamén sen título que leva como verso inicial «o mar, ben coñecido, non oculta segredos», do Abecedario da desolación (A Coruña: Espiral Maior, 1997. Premio Tívoli-Europa en 1997-1998); os poemas «A tempestade» e «O mar (I)» do libro As crebas (A Coruña: Espiral Maior, 2011. XIII Premio de Poesía Concello de Carral) e, finalmente, cinco haikus de Breizh (Noia. Toxosoutos, 2012), intitulados «Pont-Aven (1886-1894)»; « Pont-Aven (2007)»; «Max Jacob. Autoportrait, 1938»; «Les amours jaunes» e «Robert Surcouf». Para completar esta anotación engado este último texto na súa versión orixinal e na tradución castelá, tal e como figura na antoloxía. A tempestade Tears are round, the sea is deep: Roll them overboard and sleep. «Master and Boatswain», The Sea and the Mirror, A Commentary on Shakespeare’s The Tempest (1994), W. H. AUDEN Non lle agradezas nunca aos deuses que viñeses até o final da terra porque aquí están as portas do inferno, nesta charca ábrese o labirinto que leva inexorable deica a profundidade, ese abismo da culpa, tómbolo de silencios contra aquel mar de fóra que te recibiu calmo nas mareas diuturnas do acolledor setembro. Naceu A tempestade de William Shakespeare en lugares coma este, porque aquí son redondas as bágoas e profundo o mar onde se esvaen, cando antes do descanso se tiran pola borda e converten as vagas en vagallóns sonoros. Aquí habita a tristeza, no cabo da alegría. Non lle agradezas nunca aos deuses que viñeses. *** La tempestad Tears are round, the sea is deep: Roll them overboard and sleep. «Master and Boatswain», The Sea and the Mirror, A Commentary on Shakespeare’s The Tempest (1994), W. H. AUDEN No le agradezcas nunca a los dioses que llegases hasta el final de la tierra porque aquí están las puertas del infierno, en esta charca se abre el laberinto que lleva inexorable hasta la profundidad, ese abismo de la culpa, tómbolo de silencios contra aquel mar de fóra que te recibió calmo en las mareas diuturnas del acogedor setiembre. Nació La tempestad de William Shakespeare en lugares como este, porque aquí son redondas las lágrimas y profundo al mar donde se diluyen, cuando antes del descanso se tiran por la borda y convierten las olas en oleaje sonoro. Aquí habita la tristeza, en el cabo de la alegría. No le agradezcas nunca a los dioses que llegases.- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- A Costa da Morte en tres exposicións temporais que se mostran en Compostela.
- Lembranza do poeta Manuel Caamaño Devesa (Laxe, 1879 – Montevideo, 1928) no seu noventa cabodano.
- No prelo a edición de “Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García”.
- A dez anos da Homenaxe a Cipriano Fernández, alcalde republicano de Fisterra que foi represaliado en 1936.
- As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de 1890.
- De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos.
- Unha obra teatral contra a lesbofobia no distrito de Corcubión en 1901.
- A escura lembranza do Prestige.
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (2ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (1ª parte).
- Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Novos testemuños do franquismo de Eugenio López López.
- A romaxe da Barca desde a emigración bonaerense:
- A fundación en Bos Aires do xermolo da «Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión» e a unificación coa «Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía».
- Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).