Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”

“Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
Alfonso Mouzo arengando nas protestas dos traballadores-Foto-Juan Louro Alfonso Mouzo arengando co megáfono nas protestas dos traballadores-Foto-Juan Louro

O anuncio da venda (ilegal ata que non teña a aprobación da Xunta) das centrais hidroeléctricas por parte de Ferroglobe, provoca unha serie reflexión no seo dos traballadores da zona. O propio voceiro do Comité de Empresa, Alfonso Mouzo, teno claro, sinalando que “nós fixemos cartos todos os anos dende o 1992”, facendo referencia a que as fábricas de Cee e Dumbría levan sendo economicamente rentables dende a que Villar Mir se fixo con elas.

”Levamos 25 anos sendo moi rentables para o grupo Ferroatlántica, dando sempre superávit, a excepción do 2009, ano no que por mor da crise perdemos cartos, pero tamén aceptamos un ERE, e aos poucos meses xa estabamos traballando de novo a tope”, explica Mouzo.

E as cifras así o ratifican, tendo sempre en conta que un dos activos máis importantes das fábricas é precisamente ter ao carón a produción hidroeléctrica. As centrais están aportando entre 25 e 30 millóns de euros de beneficio ao ano, mentres as dúas fábricas aínda xeran máis beneficios, arredor dos 35-40 millóns ao ano conxuntamente”, apunta. “E iso que as fábricas están como están, sen novos investimentos, case en mantemento ningún, desactualizadas…”

”Están dicíndonos todos os anos que somos os mellores de toda o grupo, batindo marcas de produción cada ano. Por iso, cremos que a débeda non a xeramos nós, será doutras malas xestións do grupo, pero non de aquí. Saíron mal investimentos en China, en Brasil, ou outras cousas de OHL, e agora queren vendernos para tapar furados noutras partes”.

Fabrica de Ferroatlantica en Cee sempre foi rentable Entre as fábricas de Cee e Dumbría hai 282 postos fixos

Cómpre lembrar que entre as dúas fábricas de Cee e Dumbría hai 282 postos de traballo fixos, arredor duns 80 eventuais e outros 100 postos indirectos (seguridade privada, camioneros, limpeza…)
Ademais, as centrais hidroeléctricas dumbriesas teñen uns 35 traballadores aproximadamente. Uns postos de traballo que, en todo caso, a suposta compradora se comprometería a manter, mesmo a aumentar se efectivamente instala en Dumbrías as súas oficinais centrais estatais.

O futuro da comarca está en xogo.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios