Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Naturmaz abre as súas portas

Naturmaz abre as súas portas
xornada portas abertas naturmaz Afeccionados da aviación chegados dende distintos puntos da comunidade concentraranse o sábado 23 de xullo nas instalacións de Naturmaz, en Mazaricos, un dos maiores aeródromos e complexos de turismo activo máis grande da península. Os ultralixeiros comezarán a chegar sobre as 10 da mañá. Entre as 11 e as 13 horas levaranse a cabo diferentes workshops dirixidos a axencias de viaxes, onde se lles explicará as diferentes actividades, paquetes turísticos, o funcionamento do complexo,... As empresas interesadas en participian deben anotarse antes do 20 de xullo. Á unha da tarde haberá unha exhibición de aves rapaces e durante toda a mañan haberá tamén exposicións e exhibicións de drons, autocaravanas, kayaks, ultralixeiros, paramotores, tiro con arco, actividades de turismo activo entre outras actividades. A xornada remata ás 15 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios