Venres. 19.04.2024
El tiempo

Naufraxios Galegos convoca o primeiro concurso de Contos Mariños

Concurso Contos Marinos Naufraxios Galegos
Naufraxios Galegos convoca o primeiro concurso de Contos Mariños

Bo momento para poñerse a escribir, ou para lembrar eses contos que nos contaban os nosos avós e que cómpre queden no noso imaxinario. De aí que a Asociación Naufraxios Galegos convoque este Primeiro Concurso de Contos Mariños, para rapaces e rapazas de ate 14 anos, incluídos.

A temática do microrrelato será o mar é tamén as historias vencelladas ao mesmo, contadas polos nosos maiores. Os textos serán en galego. As obras deberán ter unha extensión máxima de 500 palabras (sen contar o título).

As persoas que queiran participar enviarán os textos a [email protected] e contarán con título, nome e enderezo de contacto. Os textos serán avaliados por un xurado imparcial. O prazo para participar estará aberto dende o 10 ata o 20 de abril de 2020.

Farase público o xoves 23 de abril, Día do Libro, o nome da gañadora ou gañador, a través das redes sociais da Asociación Cultural Naufraxios Galegos

O premio consistirá nun agasallo para os tres mellores relatos e incorporar todos os textos presentados a unha pequena publicación que fará a asociación con todos os contos participantes.

Suspendidos os actos do 123 aniversario do City Of Agra

Así mesmo, a entidade informa da evidente suspensión dos actos “CITY OF AGRA 123 ANOS NA MEMORIA, que ían celebrar en Camelle e Arou, nas vindeiras datas do 22, 23 e 24 de maio deste ano.

Comentarios