Martes. 16.04.2024
El tiempo

Naufraxios Galegos convoca o primeiro Concurso de Escafandros nas escolas de Camariñas

Cartel do Concurso de Escafandros feito por Miryam Mouzo Pose
Cartel do Concurso de Escafandros feito por Miryam Mouzo Pose
Naufraxios Galegos convoca o primeiro Concurso de Escafandros nas escolas de Camariñas

Fermosa a iniciativa da A.C. Naufraxios Galegos, co primeiro Concurso de Escafandros de Nadal. Conta coa colaboración da ANPA Campo da Area, a Asociación Mar de Fábula e o Concello de Camariñas, para seguir achegando o patrimonio dos naufraxios á cativada camariñá. Un deses proxectos que seguro se vai extendendo por unha bisbarra que leva por nome Costa da Morte.

Fernando Patricio Cortizo, alma do proxecto, e gran dinamizador do patrimonio subacuático inmaterial. “Este concurso nace co obxetivo prioritario de manter viva a gran historia marítima de Camelle, pois no mesmo solar onde na actualidade se ergue o Museo de Man, edificio onde se vai celebrar dito certame, existíu dende 1898 ao 1965 unha estación e almacén de salvamento pioneiro en Europa que deu acubillo a numerosas tripulacións náufragas, que aparte de atender as súas necesidades primarias, tamén albergou numeroso cargamento das ducias de barcos afundidos nestas costas, rescatado ao longo destos setenta anos, pola participación de ata 14 empresas adicadas ao salvamento e despece de buques que tiveron aquí mesmo a súa sede ou que fixeron de Camelle e o seu porto, a súa base de operacións.
Na recuperación deste variado e rico xénero que traían a bordo estas malogradas embarcacións e, nos despeces dos pecios destos navíos, houbo unha figura esencial: o buzo de escafandro. Este concurso, réndelle tributo”.

Esta semana xa comezaron co reparto de cartaces e das bases do concurso polas escolas de Camelle, A Ponte e Camariñas.

Exposición

O día 4 de xaneiro do 2020, a partir das 11:00 horas, estarán expostos no salón de actos do Museo de Man, en Camelle, todos os escafandros do concurso e no mesmo edificio a partires das 17:30 horas, comezará a entrega de premios, (previamente elexidos os premiados polo xurado deste concurso): 1º, 2º e 3º, nas categorías de idades, de 3 a 6 anos; de 7 a 9 anos e 10 a 12 anos.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios