Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Negreira e Santa Comba unen as súas Ligas de FS

Liga FS Santa Comba e Negreira
Liga FS Santa Comba e Negreira
Negreira e Santa Comba unen as súas Ligas de FS

Este xoves arrinca a Liga Local de Fútbol Sala de Santa Comba e Negreira, liga amparada polo programa 40x20 na Real Federación Galega de Fútbol. Participan un total de 13 equipos (8 do Concello de Santa Comba e 5 do Concello de Negreira) e os partidos dispútanse nos Polideportivos de Fontenla (Santa Comba) e Pedra Mámoa (Negreira).

O máximo responsable do 40x20 na Federación, Pablo Prieto, salientou a gran acollida que tivo por parte do Concello de Santa Comba esta proposta para dar a coñecer os novos proxectos de ligas sociais e recreativas que puxo en marcha a RFGF durante a presente campaña co obxectivo de chegar a diferentes colectivos da sociedade e recuperar as ligas tradicionais de Fútbol Sala de ámbito local en diferentes Concellos de Galicia.

Comentarios