Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa

Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa

Xa pendentes do comezo da Promoción de Ascenso á 2ª, cómpre mirar atrás e facer repaso á esta 3ª Autonómica das 3 voltas.

E neste repaso, os protagonistas son membros das dúas familias máis laureadas este curso, os ascendidos Montelouro e Laxe. Pegamos un completo repaso aos datos da Federación emais dos que nos achegaron varios adestradores da zona. E o resultado é este.

Un porteirazo no Cabo d’Area

Noe do Laxe Zamora da 3 Auto 15-16-Foto-JP Noé, do Laxe, Zamora da 3ª Autonómica 15-16-Foto-JP

Noé, porteiro do SD Laxe, e natural de Sofán, será o que recolla na III Gala do Fútbol da Costa-QPC (en breve teredes novidades sobre a mesma) o trofeo ao Zamora da 3ª Autonómica 15/16. O porteiro bergantiñán fixo un campañón, e xunto ao seu compañeiro baixo paus, Jacobo (que tamén tivo o seu protagonismo) permitiu que o Laxe sexa o equipo menos batido da categoría con só 20 goles recibidos. Deles, Noé recibíu 16 goles tras disputar 19 dos 24 encontros (superando o 73% de partidos necesarios para entrar na pelexa polo trofeo.

Por detrás temos varios metas, pero poucos completaron o número de partidos necesarios. Por Louro, Fer e Iago alternaron o posto, por Corcubión contaron este ano con 4 porteiros. Aparece por aí Santi Papi, o medio reconvertido en porteirazo nos últimos anos, recibiu 24 goles en 19 partidos, preto de Noé.

 

Un pichichi de Erasmus

Geiko, do Montelouro, é o Pichichi da 3ª Autonomica 15-16 Geiko, do Montelouro, é o Pichichi da 3ª Autonomica 15-16-Foto-JP

Perdeu os 3 últimos partidos pero non por lesión. Anda por Europa adante disfrutando dunha Erasmus, dende onde puido celebrar o ascenso do seu Montelouro na última xornada, na que Riki fixo de pichichi. Suma 20 goles en 21 partidos, sufientes para levar o premio.

Lonxe quedan o camellán Felisiano ou o corcubionés Iago Lema, pichichi do ano pasado, con 14 goles cada un.

 

Novas dos Pichichis

Pichichis do ano pasado

Novas da 3ª

Máis información

Fonte

Comentarios