Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Noite de encanto, furna luminosa

Noite de encanto, furna luminosa
Noites dos Encantos na Furna do Osmo-Corme-2008-Fotos-Brais Seoane Noite dos Encantos na Furna do Osmo-Corme-2008-Fotos-Brais Seoane

Ao caer do solpor, o último raiar dun sol ben traballador deixaba paso as moitas actividades que, no sábado do 26 de xullo, tiveron lugar na Furna do Osmo, sita na vila de Corme.

Mozos e mozas da comarca e arredores comezaban a súa particular peregrinaxe na busca de festa e troulaxe. E festa houbo, e ben boa.

Xa durante toda a mañá, as rúas arrecian a romería. A vila espertaba cos tradicionais pasarrúas. Dianas e alboradas a tutiplén mentres que a tropa de Suso Lista traballaba a reo para que nesta, a novena edición, A Noite dos Encantos, resplandecera coma sempre.

Mais foi coa cegada da tardiña e o pretender das brasas, cando se desatou a acción. O grafiteros asaltaron o muro disposto mentres que os presentes daban boa conta do churrasco e na barra sevíanse as primeiras consumicións.

E Nesta apareceron os chiquilicuatres. Con todo o equipo, si, alineación titular para triunfar. Concierto moi animado, divertido, e sobre todo festeiro. Ninguén ficou parado na area. Imposible con eses ventos que son invocación directa para todo trasno e fada.

E presentaronse os trasnos. Vidos de arteixo. Embutidos en gorras e baixo a proclama do bombo_clá. Chámalle hardcore nena. Voces rotas, melodías oscuras e caixas e bombos ben potentes. O colectivo Overgroundz (un novo proxecto surxido de bandas como Tocho Hachet y DellHämpa) viñan a presentar o sue novo disco Óxido. E non viñan sólos que con elestrouxeron boa parte dos seus fans.

As primeira filas rendironse ao menear de cabezas e cadeiras, palabras que son filosofía de vida urbana e ao estilo rap dos seis chulazos ali plantados. Pediuseun bis e concederon.

Destas a barra xa botaba todo o fume que o churrasco tiña cedido. A marea andaba baixa, a praia estaba ateigada e as gorxas da costa teñen difícil encher. Así que servidor, entre grupo grupo, foise botar un pito. E… zás, bingo! Aparición celestial. Tempo para un cóctel na barraca das beldades canarias! Soaban os Killers na equipa de música, o segundo traballo desta banda "Sam's Town" fora escollido para amenizar os tempos mortos. E nin cortos nin apagados, nada pode ir a mal cando soan os killers.

Se estás a pensar que ben variada foi a noite valo flipar. Espera a leer o que ven agora. Máquina total. Vidos de Cerceda como onda expansiva da central de meirama que arrasa con todo, Machina, gañadores do Campussons2005 e tamén de estrea, co seu recente EP Acouga, segaron cabezas. Emo Punk New Metal, prendelle a etiqueta que prefiraspero ainda así ache faltar a forza questes rapaces desprende.

O fin de festa quedou reservado para bodega bodega. Non os coñeces, vaites, tira rápido para o seu myspace, non te arrepentirás. Como eles mesmos din: "la autentica verbena sound, la verbena de la noche, del barrio caliente, el surrealismo musical a servicio del baile a altas horas de la madrugada. Gramola de rocanroll, fanfarria, calipso y banda sonora de taberna portuaria pero en Madrid, desde Vallecas, Lavapies o el barrio de Malasaña. Espíritu punk elegante y castizo, autenticos profesionales del alboroto y de la romería más bastarda, la bodega es el ruido de la calle de cualquier capital europea."

Xa ves, festa rachada en corme. Que veñan mais. E que como podemos leer no blog de suso lira a noite dos encantos acaba por atraparche.

Conta a lenda, e dí a experiencia, que, quen anda de noite polas plaias de Corme, ten a sensación de que alguén, cerca del, o sigue. Pero xusto cando das a volta, non hai ninguén, sólo a sensación, outra vez, de que volve a estar a túa espalda.

As xentes de Corme que esto sabemos, xa non nos asusta, nin, moito menos, nos quita , nas noites cálidas do vran, de darnos un paseo mentras escoitamos o rumor continuo do mar, estricandose na area. Conta a lenda e dinos a experiencia, que quen nos sigue nestas noites pola plaia, son os Encantos.

Habitan os Encantos, no mais profundo da terra, e vagan polas plaias en busca de algún neno, pra, se está sólo, levarlle o sentido, e roubarlle o corpo. Son as furnas, que tanto abundan por estas terras do mar, a porta pola que os Encantos, salen do mundo das tebras e acceden o noso mundo mortal. Conta a lenda e dí a experiencia, que os Encantos, son moi, pero que moi altos, e andan a grandes pasos. Nunca morren.

A Furna do Osmo de Corme, é, a porta principal, por donde os Encantos todos do mundo salen. A Furna do Osmo é, o sitio donde desde hai dez anos, as xentes de Corme fanlle a homenaxe e estes Encantos que hasta hoxe, sempre respetaron, os que aquí, neste embigho do fin do mundo viven, e morren. Ten a furna, as condicións pras representacións tanto teatrales coma musicales, que pra si quixera o Coliseo Romano, ou o Teatro de Mérida. É a Furna, un entorno e un espacio completamente natural, donde a man da humanidade ainda non tocou, sólo o Océano nas fortes turbonadas invernales, é o constructor de este sitio único no mundo. Por aquí pasaron, na historia de esta Noite de Encantos na Furna do Osmo, músicos como Emilio Cao e a sua arpa mimetizandose con ese murmullo do mar, As Gharotas, cando non facían concertos do seu rap da riveira, Tonhito de Poi, abraiandose do sitio, que el moitas veces distinguira desde o mar no que navegaba, cando atracaba no peirao de Corme, Konfilkto, Felix Arias, Elephan Band con Xoel Deluxe ainda neno, Festicultores, e tantos outros dos que ahora, mentras esto escribo non me lembro.

Pido perdón os que non están, pero creo que se darán por satisfeitos sólo pola oportunidade que tuveron unha noite, de tocar neste sitio máxico. Darlle a todos eles as gracias, xa que todos eles, e seguindo a filosofía con que foi creado este espectáculo, viñeron de balde, sólo polo gusto de tocar nesta Furna protectora, coma útero materno.

Estades todos invitados a asistir a esta explosión dos sentidos, vendo a Furna do Osmo iluminada por mil velas, mentras nos oidos, a música do mar e dos grupos, nos vai levando cara ese mundo sobrenatural no que os nosos Encantos habitan.

Fonte

  • Crónica e imaxes de Brais Seoane.

Comentarios