Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Non, non foron as candorcas

Golfino atopado en Soesto-Foto-Victor de Mira
Golfino atopado en Soesto-Foto-Victor de Mira
Non, non foron as candorcas

Antes de que salten as alarmas e que lle coloquen “delitos” que as as incomprendidas e inofensivas candorcas non cometeron, a Coordinadora de Estudos dos Mamíferos Maríños CEMMA vén de deixar claro que o golfiño que apareceu devorado na praia de Soesto seguramente sería devorado por unha quenlla.

”As marcas semicirculares que podedes ver no corpo do golfiño común son as habituais causadas por mordeduras de quenllas, predando nel unha vez morto, e a falta da aleta caudal débese a que foi amputada tras quedar enmallado nun arte de pesca (tiña máis marcas que non se aprecian nesta foto xeral)”.

Ao lugar acodiron chamados polos CEMMA o voluntario Víctor Mira e o Axente Ambiental Luis Amor.

Golfino atopado en Soesto-Foto-Victor de Mira 2
Foto: Víctor de Mira

Novas relacionadas

Comentarios