Imprimir

Nos próximos días o concello de Laxe asumirá a titularidade da estrada AC-429

que pasa na costa | 11 de maio de 2018

laxe-carretera-terrazas Varios dirixentes políticos visitaron onte as obras de mellora que se están a acometer no centro da vila Nos próximos días rematarán as obras de conservación da estrada AC-429  ao seu paso polo concello de Laxe. Así o constatou onte o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, durante a súa visita ás obras. O investimento, executado pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, ascende a 75.000 euros e ten como obxecto o pintado de 8 pasos de peóns, tres deles se configurarán como elevados. Ademais están instalándose sinais luminosas de advertencia da situación dos mesmos. A actuación tamén inclúe o rebaixe das beirarrúas para mellorar a accesibilidade, o repintado de toda a travesía e o fresado e reposición dos tramos onde o firme se atopa deteriorado. Ovidio Rodeiro lembrou que cando rematen as obras procederase á formalización da transferencia de titularidade desta travesía, que se está tramitando. “A partir dese momento, apuntou o delegado territorial, será o concello a administración responsable da vía e corresponderalle a regulación da instalación das terrazas”. O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Novas relacionadas

Fonte

 
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/laxe/nos-proximos-dias-o-concello-de-laxe-asumira-a-titularidade-da-estrada-ac-429/20180511060809087960.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia