Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A nova licitación de limpeza e xestión do punto limpo da Laracha por valor de 1 millón de euros

Traballadores de Aspaber que limpan Malpica
Os traballadores de Aspaber coidan varios concellos da comarca, como é o caso de Malpica
A nova licitación de limpeza e xestión do punto limpo da Laracha por valor de 1 millón de euros

A día de hoxe, o servizo de lilmpeza e xestión do punto limpo da Laracha está nas mans de Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber). Está por ver se volve presentarse e se volve gañar a entidade, unha vez que en breve o Concello sacará a licitación os dous novos contratos, vixentes por un período de catro anos (dous prorrogables por outros dous máis) e un valor estimado de 943.799,62 euros máis o imposto de valor engadido (IVE).

O positivo da licitación é que nos pregos se inclúe un punto que sinala que a participación estará reservada para centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Ademais, co propósito de incrementar a competencia e facilitar a participación das pequenas e medianas empresas, a contratación estará dividida en dous lotes diferenciados. O Lote 1 (relativo á limpeza viaira e á praia de Caión, alcanza os 660.000€. O lote 2, valorado en 282.917,10 euros máis IVE, inclúe a xestión das instalacións do punto limpo, así como o resto de elementos.

A gran novidade do contrato é a inclusión da recollida de aceites de uso doméstico, que completa así a serie de recollida de voluminosos a domicilio, dos colectores de papel-cartón, vidro, e roupa.

En ambos casos as empresas que resulten concesionarias estarán obrigadas a subrogar o persoal actualmente adscrito a eses servizos.

Comentarios