Imprimir

A nova Liga de Fútbol Sala de Santa Comba e Negreira segue sumando xornadas

que pasa na costa | 19 de febreiro de 2020

Equipo do San Cristivo na Liga de FS de Santa Comba e Negreira
Equipo do San Cristivo na Liga de FS de Santa Comba e Negreira

O equipo de Auto Escola Antonio de Negreira lidera a Liga de Fútbol Sala que organizan os Concellos de Santa Comba e Negreira. Os nicrarienses suman 4 vitorias en 4 partidos, anotando 29 goles e recibindo tan só 7.
Séguenlle, a 2 puntos, o Joyería Romar, e con 9 hai un triple empate coa Pizzería Mamma Mia, Auto Escola Mata e Covas FT perseguindo o dúo de cabeza.

Este xoves aínda quedan tres partidos da 4ª xornada:
- Mazaricos CF - A Barcalesa;
- Talleres Arán - San Cristovo;
- El Juguetón - Auto Escola Antonio.

Podedes seguir a clasificación neste enlace da web da RFGF.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/nova-liga-futbol-sala-santa-comba-negreira-segue-sumando-xornadas/20200219114848117608.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia