Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nova manifestación contra o repago sanitario

Nova manifestación contra o repago sanitario
CIG Platafomra e BNG xuntos na loita contra o Copago sanitario Manfiestacion en Cee contra o repago sanitario

A Iniciativa Galega pola gratuidade da Sanidade Pública nacía o pasado 26 de outubro en Riotorto, co fin de esixir a derogación da resolución de 10 de setembro da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia na que se aprobou o re-pagamento de medicamentos de subministración en farmacia hospitalaria e outras recollidas no R/DL 16/2012 de 20 de abril como a aprobación do anterior repago farmaceutico, pago de próteses, do transporte non urxente, etc.

Unhas decisións que supoñen "un torpedo na liña de flotación dun sistema sanitario público, universal e gratuíto e que por tanto consideran tamén debe ser derogado.

Ante esta situación, non hai máis remedio que mobilizarse, e por iso, neste caso a Plataforma, co apoio da CIG e o BNG, convocan concentracións en todos os hospitais de referencia de Galicia para este venres 8 de novembro. A concentración costeira será ás 20:00h diante do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Por tanto, se xa tiñamos unha longa serie de mobilizacións cidadás nas ráus da zona, este venres sumaremos unha loita máis.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma, da CIG e do BNG.

Comentarios