Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A nova senda peonil do Cancelo completarán os accesos ao parque empresarial

  • O Concello volveu abrir as portas á atención presencial
Senda peonil que xa hai polo Cancelo
A Senda peonil completará na que xa hai da Laracha ao Cancelo
A nova senda peonil do Cancelo completarán os accesos ao parque empresarial

Continúa ampliándose a rede de sendas peonís da comarca de Bergantiños promovidas pola Xunta. A última axdudicada é no Cancelo, no Concello da Laracha, á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones por un investimento de case 50.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses.

O proxecto consiste na execución dunha senda na marxe dereita da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 23+220 e 23+420, na zona do acceso á autoestrada AG-55 e ao parque empresarial.
Este itinerario completará os traxectos peonís da zona, xa que tanto na marxe esquerda da propia estrada como na entrada ao parque empresarial actualmente xa existen sendas.

Volve a atención presencial no Concello

Desde o luns 11 de maio na Casa do Concello e no edificio administrativo da Laracha recuperarse a atención presencial á cidadanía con cita previa. Farase cumprindo con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias.

 

O horario será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. Para reservar cita debe chamarse a partir do luns aos seguintes número de teléfono dependendo do departamento para a que se solicita. Casa do Concello (981605001).

Comentarios