Venres. 19.04.2024
El tiempo

A nova senda que unirá a zona deportiva de Cabo da Area ca praia de Laxe estará lista para o vindeiro verán

A parlamentaria socialista Loli Toja denuncia que se trata "doutro exemplo máis do sectarismo do PP, pois xa foron solicitadas dende 2015".
Ester Vazquez co equipo de goberno de Laxe
Reunión da Conselleria Ethel Vázquez co equipo de goberno de Laxe
A nova senda que unirá a zona deportiva de Cabo da Area ca praia de Laxe estará lista para o vindeiro verán

Tras varios anos de seca na inversión autonómica en materia de sendas peonís, a pesar das continuas queixas do PSOE, a Xunta vén de anunciar a licitación da senda peonil que conectará a praia de Laxe e o Paseo Marítimo.

Unha obra que comezará a principios de 2020 e estará rematada o vindeiro verán, que conta cun investimento de 330.000€.

A senda terá un itinerario de preto de 800 metros na estrada AC-429, para unir a zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area, centro de equipamentos do municipio, coa propia vila.
A senda executarase en 2 treitos, comezando o itinerario principal polo extremo da praia pola marxe dereita desta vía ata a vila, e un segundo paralelo ao Rego dos Cabalos que conectará co paseo marítimo e carril bici existente.

Para o PSOE, esto é "outro exemplo máis do sectarismo do PP, pois xa foron solicitadas dende 2015, por motivos de seguridade vial, xa que son para unir o núcleo rural cunha zona onde se desenvolven as actividades deportivas e colexio, e sen embargo aí estiveron no caixón da Xunta. Igual que a dragaxe, que temos pendente dende 2014", denuncia Loli Toja. "Todo isto con cartos públicos que se xestionan de acordo cos intereses dun partido e non das necesidades reais das comarcas", lamenta.

Outras obras

Paralelamente a Xunta explicou ao grupo de goberno popular que segue avanzando a redacción dos proxectos das sendas na AC-433, en Soesto e Serantes, así como o da mellora do firme na AC-434, en Boaño​.

Con esta obra se vai completando ata o 75% o Plan de Sendas da Xunta para a comarca de Bergantiños, cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020.

Novas relacionadas

Comentarios