Venres. 29.03.2024
El tiempo

Este martes, nova sesión formativa online con 3 adestradores con ADN galego

XORNADAS-COMITE-ONLINE-21-04-20-gal
Este martes, nova sesión formativa online con 3 adestradores con ADN galego
O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol volven apostar este martes polo fútbol autonómico e os seguintes en desfilar polas Xornadas Online serán tres técnicos con ADN galego: Rubén Albés, Rafa Sáez e Luís Carro. A cita será mañá martes día 21 a partir das 19.30 horas na Canle de Yuutube da RFGF) e a través de Facebook Live.

Rubén Albés

Rubén Albés Yáñez rematou a súa andaina no UCAM Murcia CF da Segunda División B o pasado mes de outubro. O vigués, que ten 35 anos de idade, dirixiu nas dúas últimas campañas a dous filiais: o Real Valladolid B e o RC Celta B.  Albés converteuse en 2010 no adestrador máis novo de España en categorías nacionais como segundo adestrador de Benito Floro no Wydad de Casablanca, de Marrocos. Posteriormente adestrou ao Novelda CF e na tempada 2014-2015 dirixiu en dúas etapas ao Eldense, ao que salvou do descenso nunha situación comprometida.

Rafa Sáez

O técnico pontevedrés Rafa Sáez goza doutra experiencia en Terceira da man do Arosa SC, un dos históricos da categoría e que este ano opta ao ascenso de categoría. Chegou a ser técnico de Primeira División co RC Celta (últimas oito xornadas da 2003-04 formando tándem con Ramón Carnero), pero sempre sentou en bancos da Segunda División B como os de Pontevedra CF, Logroñés e Coruxo CF.

Luis Carro

Luís Carro é o actual técnico do CD Ribadumia. A xunta directiva outorgoulle toda a súa confianza para devolver ao equipo a Terceira División tras o descenso do pasado curso e o equipo lidera na actualidade a táboa clasificatoria no Grupo 2 despois de completar un refacho glorioso.

Novas relacionadas

Entrevista en directo por imstagram

Comentarios