Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Novas axudas da Deputación para abrir as Oficinas de Turismo

Novas axudas da Deputación para abrir as Oficinas de Turismo
Oficina de Turismo do Faro Fisterra Oficina de Turismo do Faro Fisterra

Cantas veces temos denunciado a necesidade do bo funcionamento das Oficinas de Turismo na Costa da Morte. A día de hoxe apenas as oficinas do Ézaro e doFaro Vilán funcionan como tal, informando aos visitantes, así como contabilizando e analizando a súa procedencia, colleitando datos fundamentais para establecer estratexias.

Cantas veces temos denunciado o caso do Faro Fisterra. Tralo pasamento da Neria e a posta en marcha do Semáforo non quedan excusas para que un dos puntos máis visitados de Galicia non exerza a súa labor. É prioriataria a súa recuperación como centro de recepción e distibución de visitantes, para evitar que a xente pise a fin da terra e marche de volta sen coñecer Corcubión, o Ézaro, o Pindo, Muxía, o Castelo de Vimianzo, o Faro Vilán ou as Torres do Allo, por poñer uns poucos exemplos.

Axudas da Deputación

E nese sentido, parece que os Concellos poderán contar coa axuda da área de Turismo da Deputación da Coruña, que destinará 800.000 para promover novas contratacións de persoal das oficinas de turismo de concellos de menos de 50.000 habitantes. As oficinas terán que estar abertas por un mínimo de 4 meses ao ano.

“Preténdese achegar coñecemento e calidade ás administraciós coa contratación de persoas especializadas nas oficinas de información ademais de contribuir á empregabilidade de persoas con formación no sector”, sinala o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira que prevé que as novas contratacións contribúa á incrementar a planificación turística e aumentar tamén o periodo de atención ás persoas visitantes. “As liña influirá directamente no número de contratos que se formalizarán desde as administracións locais e é un avance á hora de achegar coñecemento e formación no sector aos municipios”, engadiu o deputado.

Xa poden consultar as bases completas da convocatoria.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios