Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas clases de gaita, pandeireta e canto en Corcubión e Cee

Novas clases de gaita, pandeireta e canto en Corcubión e Cee

Outono, e comezan as clases que se desenvolverán ao longo de todo o curso. Unha das clásicas temáticas é a música tradicional, e dous grupos dos que sempre están activos, presentan as súas novas aulas. Estes son a Universidade Popular de Corcubión, e mais a ACDR Fumes do Cal, de Ameixenda, Cee.

Pandeireta e canto tradicional coa U.P. de Corcubión

A Universidade Popular de Corcubión segue a apostar pola cultura e música tradicional galega. Desta volta, trala fantástica achega durante o ano pasado de Guillerme Vázquez, será da man do mestre Miro Regueira Castañón, ex compoñente de Xacarandaina, coñecido por levar a música tradicional galega por todo o mundo, de Bruxelas ata Brasil (onde impartíu música tradicional na Universidade Federal de Bahía), chegando a actuar os grupos dirixidos por él en Moscú, Londres ou Amsterdam.

As clases impartiranse os XOVES, en horario de tarde; e en dous grupos: iniciación e perfeccionamento. As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información a través do mobil 672017749, ou ben escribindo ó correo electrónico: [email protected].
O prezo é de 10 € para socias/os e 12€ para non socias/os.

Gaita e Pandeireta en Cee con Fumes do Cal

Así mesmo, dende Ameixenda invitan a que os que desexen incorporarse aos grupos de gaita e pandeireta, xa poden anotarse no novo curso. Poden inscribirse na Casa da Cultura de Ameixenda ou falar con Isabel Ézara durante todo o mes de outubro.

Os horarios de pandeireta serán os venres de 18:00h a 19:00h; e de gaita os sábados de 12:00h a 14:00h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios