Martes. 23.04.2024
El tiempo

Novas detencións na “Operación Orquesta”

Novas detencións na “Operación Orquesta”
  • [Última hora - 18:00h] : Os 3 detidos, Jorge López Lago, David Rey e un veciño de Negreira xa saíron tras pasar declaración nos Xulgados de Corcubión. Ambos saíron en liberdade tras pagar 3.000€ de fianza. A todos se les imputa un supuesto delito de tráfico de drogas.
  • [Última hora - 13:00h]: Ese martes 1 de marzo, pasaron a declarar dende as 12:00h no Xulgado de Corcubión dous dos detidos. O empresario corcubionés Jorge López e o empregado municipal ceense e membro do partido IxCee David Rey, tras pasar a noite no cabozo da Coruña, están no Xulgado corcubionés.
  • [Última hora - 20:00h] - Son 3 os detidos neste luns 28 de febreiro de 2011 no marco da Operación Orquesta, e desta volta por suposto delito de tráfico de drogas. Ademais do empresario Jorge López Lago e o empregado municipal ceense David Rey, o terceiro detido pode ser un veciño de Negreira, segundo apunta EP.
Volve á palestra 3 semanas despois, e á falta da apertura do sumario, a Operación Orquesta". Segundo informa el diario El País nesta mañá de luns 28 de febreiro, procudíronse novas detencións no marco da operación, desta volta tras novas probas relacionadas co delito de tráfico de drogas. As escoitas telefónicas foron claves para continuar coa operación. As forzas de seguridade deterían esta mañá dúas persoas. O empresario adicado á organización de festas, o corcubionés Jorge López Lago, foi de novo detido (xa fora un dos primeiros implicados) e xa se atopa no cuartel de Lonzas, na Coruña. Ademais, un empregado do Concello de Cee tamén foi arrestado esta mañá. Segundo apunta a Radio Nordés - Cadena Ser o detido sería David Rey, empregado municipal de limpeza.

Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?

Preguntabamos uns días despois da operación se Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?. Segundo a enquisa, os 43% dos lectores de QPC apuntan que NON, mentres que o 29% di que "XA VEREMOS". Curiosamente tan só o 28% di que SI sairon reforzados, cando semella que se van presentar ás eleccións municipais.

Máis información

Artigos relacionados

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios