Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas incautacións de artes de enmalle nas rías de Camariñas e Muros

comiso minarzos por Gardacostas
Novas incautacións de artes de enmalle nas rías de Camariñas e Muros

Novas accións contra a pesca ilegal e o furtivismo levada a cabo estes días polos Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia. Fixeron varios controis ao longo de Galicia, e a ría de Camariñas foi escenario dunha importante actuación na que se incautaron de máis de 6.700 metros de artes de enmalle e requisaron máis de 70 quilos de distintas especies.

Os efectivos do organismo dependente da Consellería do Mar tamén realizaron varios operativos na ría de Muros e Noia que se saldaron coa incautación de máis de 2.200 metros de artes de enmalle, 21 nasas e 22 quilos de peixe e marisco. Os aparellos estaban sen identificar, polo que os exemplares atopados foron devoltos ao seu hábitat natural.

Ademais, aproveita a Consellería do Mar para lembrar á cidadanía que o consumo de produtos do mar extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

comiso por Gardacostas 2

ACCIÓNS CONTRA O FURTIVISMO

Comentarios