Imprimir

Novas melloras para rede de hidrantes para incendios do Polígono de Bértoa

Redacción | 10 de novembro de 2020

Visita institucional para comprobar as melloras na rede de hidrantes do Poligono de Bértoa
Visita institucional para comprobar as melloras na rede de hidrantes do Poligono de Bértoa

Completáronse as obras de mellora da rede de hidrantes para incendios no polígono de Bértoa. Así o anunciou a Xunta, coa visita do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde Evencio Ferrero e o Concelleiro de Obras Luís Lamas.

As obras permitiron ademais substituír un tramo da rede de abastecemento no entorno da rotonda de acceso ao polígono.

A Xunta aportou case o 80% do orzamento e o resto, ata os 86.500 euros, correu a cargo do Concello que foi o encargado de contratar e de executar a actuación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/novas-melloras-rede-hidrantes-incendios-do-poligono-bertoa/20201110103638123166.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia