Imprimir

Novo curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteceso

que pasa na costa | 19 de xullo de 2019

O prazo de inscrición para participar nesta actividade, que se desenvolverá no IES Eduardo Pondal, permanecerá aberto do 19 de xullo ao 5 de agosto  

A Escola Galega de Adestradores da RFGF impartirá un curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteceso durante os meses de agosto e setembro

O Curso desenvolverase no IES Eduardo Pondal de Ponteceso durante os meses de agosto e setembro en horario de 20:00 a 23:00 horas.

A presentación desta nova acción formativa tivo lugar onte pola mañá na Casa do Concello nun acto ao que asistiron o vicepresidente da FGF, Juan Villamisar; o director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela; a vogal da FGF na Costa, Silvia Cancela; o delegado da federación na Costa, Manuel Corredoira; o presidente do Puenteceso SD, Álvaro Domínguez; o secretario do Puenteceso SD, Alberto Recarey; o primeiro Tenente Alcalde, Miguel Ángel González e a concelleira de Deporte, Raquel Fondo.

Inscricións

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición desde hoxe 19 e ata o 5 de agosto, día no que dará comezo a actividade. Tanto as solicitudes como o abono das taxas e a documentación requirida na convocatoria deberán presentarse online a través da web www.futgal.es, apartado “adestradores/escola/inscrición Online”. O prezo do curso, que terá unha capacidade máxima para 35 persoas,  será de 150 €. 

As datas presenciais concretas son: 

 

  • En agosto: 5, 6, 8, 12, 13, 14, 19, 20, 22, 26, 27 e 29
  • En setembro: os días 2, 3, 5, 9, 10, 12, 17 e 19 
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/novo-curso-monitor-futbol-base-ponteceso/20190719141038111625.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA