Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo Pinguel, veterana solidariedade

Novo Pinguel, veterana solidariedade

Fermosa festa de inauguración do novo campo do Pinguel. Tras varios meses de obras de acondicionamento, o novo céspede do campo pontecesán volvía recibir partidos esta fin de semana. E para facelo, que mellor que unha festa solidaria, cun partido entre “vellas glorias” do Ponteceso SD e os Veteranos do Deportivo da Coruña, que finalizou co marcador 3-6 a favor dos ex-deportivistas.

Máis alá do deportivo (Nando, Dani Mallo ou Donato foron algunhas das caras coñecidas), a gran gañadora foi a solidariedade, pois a recadación das máis de 600 entradas e preto de 1.000 rifas vendidas van para a Asociación Española contra o Cancro.

A interpretación do Himno Galego, a cargo da artista local Clara Amado, acompañada ao piano por un dos integrantes do grupo musical MyWay, abríu o campo.

Comentarios