Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo sistema de alumeado e son para o Castelo de Vimianzo de cara aos 25 anos do Asalto

Reunion PSOE VIMIANZO
Novo sistema de alumeado e son para o Castelo de Vimianzo de cara aos 25 anos do Asalto
A Deputación e o Concello de Vimianzo acordaron acometer melloras no Castelo de Vimianzo e dotalo dun novo sistema de son e alumeado interior e exterior.
 
A Deputación apoiará o proxecto do goberno municipal que pretende restaurar os desperfectos o monumento e realzar a súa imaxe de cara ao 25 aniversario do Asalto ao Castelo, que se conmemora en 2020

A visita institucional do Presidente da Deputación serviu ademais para que o departamento de Vías e Obras iniciase os trámites para licitar un proxecto de mellora integral da estrada DP 9203 de Caxadas a Baíñas, que incluirá a modificación do trazado nas curvas de Padreiro e a contrución dunha senda peonil de Caxadas a Castrelo

A alcaldesa Mónica Rodríguez trasladou tamén ao titular do goberno provincial a necesidade de dotar de sobreancho e mellorar o firme da estrada que conecta Ponte do Porto (Camariñas) con Cereixo (Vimianzo).

Comentarios