Martes. 16.04.2024
El tiempo

Novos movementos no taboleiro político de Laxe

Novos movementos no taboleiro político de Laxe

Quedan 5 meses para a chegada das Eleccións Municipais 2015. E as fichas xa se van poñendo sobre o taboleiro político, cos primeiros movementos. En Laxe, co PSOE aínda pendente do relevo para un alcalde que xa anunciou que non se vai presentar, hai moito movemento. Hoxe coñecemos ao novo candidato do PP, pero tamén coñecemos de primeira man ao grupo asembleario Somos Laxe, que xa fumos coñecendo:

Somos Laxe

Este pasado sábado celebraban unha reunión aberta no concello laxenses. Esta agrupación electoral que aposta polo traballo dos veciños, nun concello cunha escasa tradición político-asociativa.

O proxecto nace en setembro de 2014 funcionando de xeito asembleario e aberto para que participe a veciñanza. Dende o seo decátanse de que “esta iniciativa non é doada, dada a desconfianza cara á política pois sentimos que os cargos políticos nos rouban o futuro e que os grandes partidos só se representan a si mesmos. Por iso traballamos sen siglas políticas ás que obedecer, intentando facer política na casa e non que nola veñan facer desde fóra”.

A ideoloxía ten un sinónimo: “o sentir común, deixamos de lado as preferencias individuais para centrarnos no ben colectivo, por iso aspiramos a incluír a todo o pobo”. E fíxanse noutras propostas semellantes a nivel galego e mesmo estatal, como movementos de base e horizontais, que aínda están traballando na elaboración do programa e da cabeza de lista, tan só GUANYEM en Barcelona ten a Ada Colau como candidata.

Iso si, aseguran que o proceso de elección da persoa candidata e das listas de representantes será realizado de forma transparente e asemblearia.

O PP de Laxe xa ten candidato

José Luís Pérez Añón será o candidato do PP de Laxe

José Luís Pérez Añón (Santa Comba, 11-08-1957) será, finalmente o candidato do Partido Popular á alcaldía de Laxe nas próximas eleccións. Vémolo na foto con Perfecto Vázquez, que cambiou Cabana por Laxe pero que finalmente non será o candidato, ademais de co alcalde herculino Carlos Negreira, e o presidente da Deputación Diego Calvo.

O actual concelleiro por Independentes por Laxe liderará unha candidatura na que tamén estará presente a número dous dos populares no municipio, María José Ramos. Añón xa foi concelleiro co Partido Popular en Laxe nos mandatos de 1999 e 2003.

Outra fichaxe esta do PP, que consegue achegar a partidos independientes, como acontecía, por exemplo en Mazaricos.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios