Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novos operativos en Malpica e a ría de Corme-Laxe contra a pesca ilegal

Operativos de GardaCostas na Costa da Morte
Operativos de GardaCostas na Costa da Morte
Novos operativos en Malpica e a ría de Corme-Laxe contra a pesca ilegal

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron nos últimos días en varios controis realizados na Costa da Morte, 5.000 metros de artes de enmalle, de 36 útiles e de arredor de 80 quilos de marisco e peixe. Malpica rexistrou un dos controis máis relevantes no que os axentes requisaron 3.600 metros de miños que estaban sen identificar, 36 nasas e preto de 70 quilos de peixe e marisco.

Na ría de Corme e Laxe comisaron arredor de tres quilos de marisco e un viveiro. E na ría de Muros-Noia, onde os axentes requisaron 88 útiles, a maioría cacharros, e case tres quilos de marisco.

Accións contra o furtivismo en corentena

Comentarios