Imprimir

Novos peches ao tráfico rodado na Fervenza do Ézaro

que pasa na costa | 27 de xuño de 2019

Creación da pasarela do Ézaro en Ogando
Creación da pasarela do Ézaro en Ogando

Continúan a toda marcha as as obras da pasarela do Ézaro que se alongarán ata final de ano. E non é de extrañar vendo a pasarela que están construíndo en Ogando.

E no marco destas imponentes obras, haberá datas cruzais que impedirán o acceso. Como co Gran Fondo Ézaro, esa proba ciclista internacional que xuntará uns 1.500 ciclistas por toda a bisbarra. Por iso, os días 5, 6 e 7 de xullo (día da proba) o acceso en vehículo á Fervenza do Ézaro estará pechado.

Todos aqueles que desexen visitar a fervenza nalgún deses días terán que facelo a pé. Deberán estacionar na estrada AC-550, ao seu paso polo Ézaro, e realizar un paseo duns 500 metros para finalmente chegar ata a Fervenza.

Fervenza Pechada polo Gran fondo

Novas do Gran Fondo

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/novos-peches-ao-trafico-rodado-fervenza-do-ezaro/20190627101401111002.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia