Segue retrasándose a data de entrega do Parador de Lourido. Si, esa infraestrutura hotelera prometida hai 16 anos canda o Prestige para revolucionar o sector hostaleiro da Costa da Morte. A hemeroteca déixanos claro que unha e outra as administracións non cumpren os seus prazos, as súas promesas.
O pasado mes de febreiro as autoridades apuntaban ao verán de 2019. Esta semana, o Director de Paradores Óscar López aseguráballes á expedición costeira na WTM de Londres que a data se achegará máis a finais de 2019 que ao verán.
Se esta previsión se cumple, a infraestrutura tardaríase en construír máis de 8 anos, unha vez que a primeira pedra colocouse en setembro de 2011. Daquela, a previsión era que o Parador ía estar en funcionamento en 2014... Apenas 5 anos de retraso...