Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nunca agardei menos de ti

Nunca agardei menos de ti
O ascenso a Preferente do Soneira é unha nova demostración de sentido dun dos poucos equipos que na última década non coñece un fracaso ou tortazo estrepitoso Basti e De la Sierra, xunta á súa nai, festexando o ascenso en familia Basti e De la Sierra, xunta á súa nai, festexando o ascenso en familia Cando hai cinco anos menos un mes o Valencia lle partía a alma a Riazor e mandaba ao Depor a Segunda, tras dúas décadas, os nenos nados na Coruña desde a finais dos oitenta pasaban a experimentar algo que o resto da cidade xa vivira en repetidas ocasións: ver aos seus na categoría de prata. Dalgunha forma, algo así me pasa a min co Soneira. Desde que comecei a traballar en xornalismo deportivo, alá polo 2006, podería ter engordado un deses tan de moda hashtag con algo máis ou menos así: #EuNuncaVinXogarAoSoneiraEnSegunda. O ascenso e título acadados en Malpica non son senón outra demostración máis do 'seny' ou sentidiño á hora de facer e reprantexar proxectos, así como un claro camiño marcado para os que veñen por detrás. O Soneira ten pasado xa por diferentes fases, e ten sabido esquecelas e propoñer novas vías. O do tridente de clásicos Manolín-Cambeiro-Bardanca, que foi o que pegou o salto de local a provincial. O do gasto en figuras coma Vituco. O de Braulio e o inicio dunha prometedora xeración de canteiráns, e o fundamental papel dos Manolito, Miguel e Felipe no asentamento desa idea. E tamén unhas pelotas tan grandes como as que marca Basti habitualmente para manter a calma e a confianza nun bloque que só necesitaba crer en si mesmo. Toca felicitar e recoñecer a algúns dos que pariron este Soneira que ten creado de novo en Vimianzo un sentemento irmandiño e de orgullo. E o primeiro (directiva aparte), non pode ser outro que Manolito. Sempre volves, e dache igual se algunha vez caes no fracaso, que de momento non vin tal cousa. Eres un caníbal. Un metódico devorador de éxitos, que ten levado á vila do Castelo ao seu primer ascenso a Preferente, ao seu primer doblete, á súa primeira Copa… e agora tamén é o único que pode dicir que ten ascendido ao equipo á máxima categoría. A noite do sábado disfrutaría, pero seguro que desde que se levante xa estará a pensar na Copa, na planificación do vindeiro curso… e en como ser invencible á unha pocha que ten parte de 'culpa' do éxito. E o repaso persoal teño que seguilo por unha das pandillas máis divertidas e cojonudas de toda a Costa da Morte, e tamén dentro do campo das máis talentosas. De la Sierra, Mayor, Basti, Richi, Vía, Javi, Brais Mouzo ou Bonano teñen sido plenamente conscientes cada un do seu rol, e teñen creado un equilibrio perfecto entre amor ás cores, implicación e determinación. No medio era o Soneira 'De la segadora', pero a chegada de goles era como o protagonista da historia interminable, un Bastian pletórico e lexendario. Na banda tódolos regates chegaban ou pola vía rápida ou con pintorescas actuacións de Van Gogh, ese tolo do pelo vermello. Pero nada diso sería posible sen o equilibrio dun xoven con seda fina nas botas, e que xoga xa coma un Mayor. Ao amparo do castelo naceron, medraron e agora teñen madurado como xogadores, realidades e tamén garantes de futuro. Seguro que non hai ninguén entre Carballo e Muros cunha maior sensación de sentirse realizado. E mención merecen tamén os 'extracomunitarios', eses puntuais reforzos chegados de zonas próximas, e que cubriron necesidades que non se atopaban de portas hacia dentro: Anxo, un seguro baixo paus, Nazo, o 'fuguillas' para dinamitar partidos, Jota, o peso e clase da experiencia, ou Aarón, o muro de hormigón. E coma en toda historia de amor perfecta, faltan os complementos que forman esa coral sinfónica en perfecta armonía, coma a afección, os directivos aos que nunca lles doe a espalda de tanto traballar, as diferentes 'sedes sociais' onde se fan as conxuras e sobre todo un sentimento, do que na parte que me tocou son totalmente firmante: "que a gusto se está en Vimianzo". Agora, a seguir engordando ese hashtag. Felicidades de todo corazón, amigos.

Comentarios