Martes. 23.04.2024
El tiempo

Nunca camiñarás soa, a marcha olímpica contra a violencia de xénero

Marcha Nunca Caminaras Soa
Nunca camiñarás soa, a marcha olímpica contra a violencia de xénero

Ben significativa a acción que artellan, conxuntamente os concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos. Uniranse para organizar a “Marcha Nunca Camiñarás Soa”, que se desenvolverá o vindeiro domingo 24 de Novembro, percorrendo por relevos o seu territorio reivindicando simbólicamente a luz da saída das situacións de violencia de xénero para as mulleres.

Serán máis de 100km levando “a luz da esperanza”, simbolizada nun facho de lume, semellante ao facho Olímpico. Por grupos, concello a concello, diversos colectivos sociais como asociacións de mulleres rurais, deportivas, culturais, veciñais irán superando kilómetros e dándose o relevo (o facho). Á chegada a cada concello, acenderase un pebetero que ilumine durante a noite do 24 e a data do 25N nos 5 concellos, ademáis de que cada un poida ler un manifesto.

A marcha, que este ano se iniciará en Santa Comba ás 8 da mañá do domingo 24, e que en futuras edicións arrancaría rotativamente en cada concello, sará da praza do campo da feira xalleiro, para logo de pasar polas parroquias de Montouto, Freixeiro e Vilamaior dirixirse a Val do Dubra, entrando por Malvárez.
Volverá a Santa Comba entrando despois da ponte do río Maroñas pola Pereira, para percorrer as parroquias de San Cristóbal de Mallón, Alón e chegar de novo a Santa Comba por diante da Casa do Concello sobre as 7 da tarde.

Inscrición

A inscrición pódese realizar nesta ligazón:

NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios