Venres. 19.04.2024
El tiempo

O alcalde de Cabana, investigado tamén por falsedade documental

O alcalde de Cabana, investigado tamén por falsedade documental
Jose Muino Alcalde de Cabana O Alcalde de Cabana Jose Muíño está sendo doblemente investigado

Hai unhas semanas era levado ao cuartel da Garda Civil de Ponteceso para declarar por un suposto delito contra o patrimonio. Esta semana coñecemos que a Fiscalía está investigando ao alcalde de Cabana, José Muíño (PP), ademais do arquitecto municipal Enrique Vilar, por dous posibles delitos de falsedade documental e expropiación ilegal de fincas.

Unha denuncia dun particular a raíz das obras dunha senda peonil na zona de San Pedro de Corcoesto serviron para abrir o caso. A denuncia apunta que o proxecto de obras non incluía unhas afeccións que esixía a Deputación para financiar as obras. Alcalde e arquitecto elaborarían unha memoria sen reseñar este feito, algo que estudia agora a Fiscalía.

Así mesmo, tamén é investigado por posible “expropiación ilegal de fincas” por ocupar unha fincal cunha depuradora preto da reitoral de Redondo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios