Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos

O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos

Este xoves o BNG de Laxe convocou unha manifestación para esixir a Portos de Galicia unha solución co problema dos áridos. Un asunto que leva dende o 2010 na primeira liña de actualidade política, pero que parece que nunca se dá resolto.
Hoxe é o propio alcalde laxense do PSdG-PSOE, Antón Carracedo, o que, ademais de apoiar a mobilización (con matices), quere explicar os antecedentes do conflito, e de paso, poñer a pelota no tellado da Xunta.

Remóntase a novembro do pasado 2011, cando o Pleno da Corporación acordaba por unanimidade "Solicitar da Xunta de Galicia unha serie de obras (entre elas, a do peirao de Laxe)" ademais de "pedir unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para que reciba ao Alcalde e Portavoces dos distintos grupos políticos e presentarlle dita relación de obras". Peticións co prazo aberto ata o 10 de febreiro para agardar a constestación.
O PSOE lembra que a 27 de xaneiro, agardando pola resposta da Xunta, o BNG presenta unha moción coa mobilización, e o PSOE lémbralle "o traballo feito dende sempre polo grupo de goberno no referente a este tema e os enfrontamentos que tivo co Ente Público de Portos de Galicia" ademais de invitar á Confraría a que se implique neste asunto, apoiando a mobilización. Apróbase a moción cos votos en contra do PP e a abstención de IXL.

O PSOE, que apoiou a mobilización dende o primeiro momento, si critica que o BNG a presentase o pasado 6 de marzo "unilateralmente, independentemente do que faga a Cofradía". Diante destes feitos e, unha vez reunido o Alcalde cos representantes da Cofradía, que lle transmiten que non apoiarán a mobilización, o Grupo de Goberno tomou a seguinte decisión:

  • 1) Facer público o seu desacordo coas formas (non respectando os acordos plenarios e actuando unilateralmente), aínda que non co fondo dos plantexamentos do BNG nesta mobilización.

  • 2) Apoiar a mobilización, xa que aínda que nunca tivemos o apoio de ningún partido na nosa loita con Portos de Galicia, entendemos que o benestar dos/as nosos/as veciños/as está por enriba de calquera sigla política.
  • 3) Participar sen ningún tipo de reseña política propia, xa que sempre entendemos que esta mobilización debía de ser de todos/as os/as veciños/as, non de ningún partido.
  • 4) Amosar o noso respecto á decisión da Cofradía, ao mesmo tempo que o noso desacordo porque cremos que hai motivos dabondo para pedir o seu apoio.
  • 5) Publicar un bando, pedindo a todos/as os/as veciños/as a súa participación na mobilización do vindeiro xoves.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do alcalde de Laxe, Antón Carracedo Sacedón.

Comentarios