Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O alcalde vimiancés explica a trama arredor do Ximnasio

O alcalde vimiancés explica a trama arredor do Ximnasio

Publicabamos onte unha nota de prensa na que a oposición vimiancesa denunciaba que os orzamentos presentados polo Concello vimiancés no tema do ximnasio eran falsos. Hoxe, o alcalde Manuel Antelo explica a conxuntura e asegura que o Concello non foi quen presentou ningún orzamento, se non que foi un das empresas implicadas quen o falsificou.

Explícanos Antelo que o Concello tiña que estirar o contrato por 4 meses e medio cunha contratación menor para que o ximnasio, "un dos que mellor funcionan de toda a bisbarra", non parase polo verán. Deste xeito, "dende o Concello lle solicitamos a Antonio Carracedo, do Clube Deportivo Vital Fitness que presentase orzamento, e enviou un certificado firmado do que el di que é a súa empresa". O que pasa é que "hai 3 empresas que se chaman igual. Nós, dende o Concello pedimos orzamentos a unha delas, e a nós ninguén nos dixo que o orzamento presentado fose falso. E se teñen problemas entre elas que a solucionen no xulgado".

Unha das empresas implicadas por conta allea, a empresa Centro Deportivo Vital Fitness, onte xa solicitaba quedar fóra de toda esta trama por non ter nada que ver. De feito, Antelo asegura que nunca os nomearon.

Para Antelo o asunto pode ser unha "vendetta" entre os implicados, e "nós non podemos saber se lle pedimos un orzamento a unha empresa se o que envía é real ou imaxinario. É dicir, se nós lle pedimos un orzamento a unha persoa, e esta persoa cubre mal os datos non é a nosa falta.

Considera Manuel Antelo ademais incongruente criticar este asunto. "Dende a oposición están intentando aproveitar politicamente este asunto, e ata me parecía normal se o ximnasio estivese traballando mal, ou se perdéramos cartos con esta adxudicación. Pero se trata dun contrato menor de 4 meses e medio, no que aforramos de 1.000€, e o ximnasio está a tope, funcionando de marabilla, e ata dando alegrías deportivas como na carreira de Corcubión".

Axudas deportivas ao Soneira

Liamos tamén as denuncias do Presidente do Soneira por "esquencer" ao seu clube. E o alcalde sae á palestra afirmando que "o feito de adxudicarlle o 70% do orzamento total das subvencións deportivas do Concello ao Soneira (6.600 €), e 400 € ao Club de Fútbol de Veteranos, para o presente ano é unha clara mostra dese apoio".

"Ademais, aos 6.600,€ da subvención concedida ao Soneira SD hai que engadirlle 18.000,€ dos desprazamentos en autobús, que tamén asume o concello, o cal suma un total de 24.600,€, o que supera non só a cantidade solicitada polo equipo de fútbol (8.000,€) senón que tamén supera en case 5.000,€ o orzamento total que o Soneira presentou para solicitar a subvención (19.681,90€). Subvencións foron aprobadas, ademais, co voto favorable de todos os grupos (BNG, PSOE, PP), agás IxV que se abstivo", explica o alcalde, que remata afirmando que "apostar polo deporte aumentando as subvencións neste contexto de crise e de recorte xeralizado é unha mostra dese compromiso do goberno municipal".

Así mesmo, o alcalde de Vimianzo "lamenta que por parte do presidente do Soneira se desprece esta axuda, aumentada, nunha actitude pouco responsable. Pensa o alcalde que lle pode máis ao presidente o interese político que o interese do Soneira e do fútbol en xeral".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios