Venres. 19.04.2024
El tiempo

O alumnado de Baio enreguéifase

O alumnado de Baio enreguéifase
[fbvideo link="https://www.facebook.com/Enregueifate/videos/788949524588151/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema de Baio xunto co do Marco de Camballón, de Vila de Cruces, están estes días traballando a tope nas regueifas,que ainda siguen moi vivas por estas terras. Así o demostra a súa activa páxina de Facebook que baixo o título "Enreguéifate" recolle ducias de videos proganizados por estudantes de toda a comunidade que tratan sobre temáticas como actuais: o fútbol, a violencia de xénero, e incluso os problemas coa compra da Carballeira de Baio,... son algúns dos temas que estes días subiron á rede. Regueifesta é un proxecto promovido pola asociación ORAL (Oralidade, Rima, Arte de Galicia) e por estes dous institutos para favorecer o uso do galego entre a mocidade, especialmente nos espazos de ocio e nas relacións informais, e para impulsar a improvisación oral en verso no ámbito educativo, dándolle protagonismo a alumnado e familias e implicando a sociedade. No marco deste proxecto, que foi recoñecido pola Consellería de Cultura e Educación pola súa innovación en dinamización lingüística, organízase o Encontro Regueifesta, que chega este ano á súa segunda edición. Onte botou a andar no museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA- a edición deste ano coa presentación do programa de actividades e a acollida ao alumnado que chega desde o IES vasco Arratia para participar no evento. O secretario xeral de Política Lingüística interviu no acto dándolles a benvida aos rapaces e rapazas chegados de Euskadi e alentando os seus pares galegos a “mostrarlles con orgullo a vosa lingua e as habilidades de improvisación que desenvolvestes no marco do proxecto Regueifesta”. Valentín García gabou esta iniciativa, “que promove o uso oral do galego nun contexto lúdico, así como o aprecio polo propio e o interese e respecto polo alleo que se derivan dos intercambios culturais”. Actividades As actividades do II Encontro regueifesta iniciáronse onte e prolongaranse ata mañá sábado. Para o acto central previsto para hoxe, ás 10:30 horas no compostelán Auditorio de Galicia, está confirmada a asistencia de 1000 estudantes e de 20 centros de ensino da capital e do resto da comunidade autónoma, que poderán ver regueifar a Alba María e Josinho da Teixeira, coñecerán unha nova fornada de regueifeiros e as propostas musicais do alumnado do IES Viana do Bolo, o IES Antonio Fraguas e o IES Maximino Romero de Lema, que presentará o disco “Aínda queda xera”. O IES de Arratia improvisará “bertsos”, farase a entrega dos premios do I Certame Enreguéifate e a artista Lidia Botana, madriña do evento, presentará o tema “Boina e Txapela”, himno do proxecto este ano. Ás sete do serán, terá lugar o I Festival Boina e Txapela no Centro Xove da Almáciga. Trátase dunha festa musical de freestyle, rap e rock que contará coa participación de García MC e DJ Mil, Moudafaca e Gato Persa, Lidia Botana e, desde o País Vasco, Radio Revolución. Ademais, haberá un tempo para micro aberto e improvisación de quen queira participar. As actividades de mañá sábado comezarán cunha alborada e unha visita guiada á zona vella de Santiago e, tras diversas propostas, rematarán ás 23 horas cun concerto de O sonoro maxín. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios