Venres. 29.03.2024
El tiempo

O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas

O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas
Jose David Gomez Brandariz candidato do PP de Zas

O PP, que xa presentou 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais de maio, con algunha cara nova, anunciaba a pasada semana outra das fichaxes para este 2015. O secretario provincial do Partido Popular na Coruña, Diego Calvo, presentou esta tarde a José David Gómez Brandariz (Baio, 1974) como novo candidato dos populares á alcaldía de Zas.

Licenciado en Biología e presidente da Asociación de Pesca Deportiva de Río e Mar, Gómez agradeceu a confianza mostrada pola dirección do partido, e comprometeuse a traballar “duro” desde o primeiro día para “mellorar o Concello de Zas”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios