Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Baíñas vence ao Mazaricos e permite ao Corme rematar o 2018 como líder

O Baíñas vence ao Mazaricos e permite ao Corme rematar o 2018 como líder
O Baíñas non se descolga-Foto: Fin Lema Quedaba un partido deste 2018 para pechar a Liga da Costa. E non era un partido calquera. Era un choque que podía provocar o terceiro cambio de líder nas tres últimas xornadas. O Mazaricos, despois da derrota do Cairo, recuperaba o liderato unha semana despois ao vencer ao Ponteceso, pero volvía deixar pasar ao Corme ao non pasar do empate en Muros.  Tiña neste choque da xornada 11, aprazado no seu día, a ocasión de pechar un gran 2018 (chegou a zogar a fase de ascenso a pasada temporada) dende o máis alto, pero topouse cun Baíñas enchufado. O cadro de Emilio Corzón, capaz do mellor e do peor (a pasada semana caía en casa ante o Buño) volve enchufarse así ao vagón de cabeza, ficando na 5ª praza a 6 puntos do líder, 5 do propip cadro amarelo, 4 do Ponteceso e 2 do Muxía. Partido no que o Baiñas intentou saír a dominar e presionar ao Mazaricos. Dispuxo Pablo Muiño un par de ocasions que enviou moi desviado por enriba da portería. O Mazaricos dispuxo tamén dun par de ocasións de saque de falta. Nun saque de corner de Toño remata co peito Javi Souto e consigue adiantar o Baiñas, resultado co que se chegaría o descanso. Na segunda parte o Mazaricos saiu coa intención de virse arriba e o Baiñas, replegado buscando a contra. Conseguiu o Baiñas ampliar a renda con gol de Pablo Muiño. Salvou Paulo o primeiro gol do Mazaricos cunha boa intervención, pero nada puido facer nunha falta de Piki que golpea na barreira e se introduce na súa portería. Volcouse o Mazaricos en busca do empate no último cuarto de hora, pero xa contra o final Javi Souto nun roubo de balón conseguía o definitivo 3-1 que lle permite ao Baiñas reengancharse á liga. O Mazaricos non puido acabar o ano como líder-Foto: Fin lema

Xornada importante en Infantís

A estrana xornada de infantís deste día 29 deixa un resultado importante. O líder destacado, o Dumbría, perdía a imbatibilidade ante o Cee, caendo 3-1 no San Paio de Refoxos. O Cee fica agora a 3 puntos do Dumbría. Con este resultado o Xallas podería poñerse de líder se vence o partido na previa de Reis aos Miúdos.

Comentarios