O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena
07:39 24/12/10
Ten motivos o Club Balonmán Camariñas - Conservas Boya para estar contentos. O equipo evitou o descenso esta pasada fin de semana e xogará polo título co grupo dos mellores na segunda fase da 1ª división autonómica de balonmán. E para celebralo, ademais da Festa deste sábado, a expedición realizou unha visita moi emotiva.
O pasado xoves 23 de decembro, todos os integrantes da familia Balonmán Camariñas visitaron as instalacións do seu principal patrocinador, Industrias Cerdeimar S.L., que ademais vén de rematar o seu 125 aniversario. Xogadores, técnicos e directivos gozaron da visita asombrándose pola modernidade das instalacións e pola variedade de produtos que se estaban envasando.
Tivo detalles a empresa patrocinadora cos xogadores, como non, e repartiu entre todos os asistentes un lote dos seus principais produtos, así como artigos publicitarios e promocionais.
VII Festa do Balonmán
Ademais o clube celebra esta fin de semana a súa festa de Nadal. A cita desta VII Festa do Balomnán será este sábado 25 de decembro, a partir das 23:00h no Pavillón Municipal de Camariñas. E alí estará as orquestras Chaston e Philadelphia para amenizar o pase.Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
- O Balomnán Camariñas solventa a primeira final nun pavillón do Areal ateigado.
- Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya.
- O Balonmán Camariñas afianza o paso e xa gaña fóra da casa.
- O Balonmán Encaixe gaña e convence ante un rival directo
- O Conservas Boya comeza o ano con derrota.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto Parapar Trasancos.