Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Bergan, campión da Fase Autonómica da Copa RFEF tras vencer ao Ribadumia na sorte dos penaltis

O Bergan, campión da Fase Autonómica da Copa RFEF tras vencer ao Ribadumia na sorte dos penaltis
Bergantiños campión da Copa RFEF 2018

O Bergantiños proclamouse onte en San Lázaro campión da fase autonómica da Copa Federación (Copa RFEF). Foi a sorte dos penaltis a que decidiu que o equipo de Miguel Filgueira levantase o trofeo.

Bergantiños - Ribadumia (2-2)

  • Bergantiños: Bugy, Rubén, Aarón, Baleato, Marcos, Granada, Losada, Toni, Rivera, Ekedi e Álex. Tamén: Jorge Sáez, Cañi e Cano.
  • Goles: 0-1, m.32: Hugo; 1-1, m.58: Ekedi; 2-1, m.94: Cañi; 2-2, m.112: Mota.

Foi un partido vibrante, de grandes alternativas, cun Ribadumia que saíu dominador na primeira metade, chegando con perigo á meta de Bugy. Á media hora e tra varias paradas do meta carballés, Hugo abría o marcador cunha fermosa vaselina. Non espertou o cadro vermello ata o descanso.

Nun segundo tempo máis bronco, co Ribadumia intentando aguantar a renda, o Bergan apretou algo máis, pero era o cadro visitante o que a piques estivo de marcar o segundo. Pouco despois Ekedi roubaba na saída do balón, encaraba e facía un valioso gol que daba o empate. Quedaba media hora por diante.

Miguel Filgueira, adestrador do Bergantiños

A resposta do Ribadumia foi inmediata, de novo mediante unha gran acción individual de Hugo, que foi derribado dentro do área, pero o penalti errouno Miguel, despexando Bugy.

Remataron os 90 minutos sen demasiados riscos pero nada máis comezar a prórroga Cañi aproveitaba un gran pase de Cani para marcar. Pasaban os minutos e parecía que a Copa estaba preto de vir para Carballo, pero a falta de 8 para o remate Mota empataba cun gran remate de cabeza.

Chegaba a sorte dos penaltis, e marcaron Riveira, Sáez e Cano polo Bergan (errou Cañi), mentras que polo Ribadumia marcaron Hugo e Bugallo e erraron Miguel, Matos e Mota. Rafael Louzán entregou os trofeos e medallas ós finalistas, acompañado dos dirixentes dos dous clubs. Bergantinos campion da Copa RFEF 2018 2

Comentarios