Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG corcubionés volve criticar a xestión económica do Concello

O BNG corcubionés volve criticar a xestión económica do Concello

O Bloque Nacionalista de Corcubión considera que "o alcalde está a cometer graves erros na xestión económica do concello". Ante esta situación "o BNG propón crear emprego con eses cartos que se puideron aforrar e cos cartos que veñen doutras administracións, en vez de facer proxectos inútiles".

Exemplos de "despilfarro"

Para o BNG local, "o gasto en avogados e asesores para os xuizos cos traballadores municipais cos que está obsesionado" é un exemplo de gasto mal empregado.
Consideran dende a posición un gasto inoportuno "os 90.000 € en reparar e manter algúns xardíns do concello", ou "o gasto que desexa facer para a praia artificial".

E para o Bloque "o colmo da mala xestión é a corta de eucaliptos que está facendo o concello na Amarelle, cando na lexislatura pasada fixeron outra es San andrés, e dende fai seis anos non plantaron nin un pino".

Por último, Insua aclarou que “frente o despilfarro e mala xestión do alcalde, nós comprometémonos a crear máis emprego na vila, que é o que pide a xente.O BNG cre que é preferible crear postos de traballo en Corcubión e non gastar 15 millóns das antiguas pesetas en manter xardíns que todos vemos como están”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios